A finca da Esgueva (parroquia de Madarnás ? O Carballiño), na que o escritor natural de Guimarás, Luís González Tosar está cimentando o proxecto literario-cultural denominado 'A insua dos Poetas' en colaboración coa Deputación provincial e a Consellería de Cultura, acollerá hoxe a instalación da segunda obra artística, neste caso un monumento dedicado a Celso Emilio Ferreiro con motivo da celebración do seu centenario. É unha obra coa que o escultor ourensán Manuel Penín realizou unha alegoría do poema 'Irmaus' que o poeta publicou no libro 'Longa noite de pedra' e que pasar por ser, sen lugar a dúbidas, un dos máis
É unha obra coa que o escultor ourensán Manuel Penín realizou unha alegoría do poema 'Irmaus' que o poeta publicou no libro 'Longa noite de pedra' e que pasar por ser, sen lugar a dúbidas, un dos máis coñecidos do vate de Celanova. Os traballos de instalación da escultura, na finca da Esgueva, concitará a presencia do autor da obra, Manuel Penín, así como do escritor Luis González Tosar.
En calquera caso, o acto de mañá non será, senón, o preámbulo da 'IV Festa da Palabra', que terá lugar o próximo sábado, día 28 de xullo, a partir das 12,00 horas e que se enmarcará dentro da celebración do Centenario de Celso Emilio Ferreiro
ACTO
O desenvolvemento do acto está estructurado en catro apartados, que se iniciarán, como non podía ser doutro xeito, cunha lectura poética centrada fundamentalmente na obra de Celso Emilio Ferreiro, continuarán coa inauguración oficial do monumento realizado polo escultor Manuel Penín, a entrega dos premios 'Setecarballas' que o escritor creou para recoñecer a outros tantos representantes de distintos ámbitos da cultura e da sociedade galega. O acto rematará coa actuación da cantora María do Ceo, que intepretará varias cancións con letra do propio Celso Emilio Ferreiro que ela musicou no ano 2008 con motivo da conmemoración do cento cincuenta aniversario de, Curros Enriquez.
Tamén é de salientar que na actualidade están levando a cabo os trámites administrativos necesarios para constituir finalmente a Fundación 'Insua dos poetas', que será a que no futuro se encargue de levar a cabo a organización deste proxecto cultural. insua dos poetasa